Thursday 02 de May de 2024

Máis de 230 persoas luciron os seus disfraces no desfile de Entroido de Carral


O Concello repartiu premios por valor de 1.600 euros ás mellores creacións entroideiras das modalidades individual, por parellas e en grupo.

Carral asinou un novo éxito de participación na súa festa de Entroido. Para celebrar estas datas, o Concello organizou unha xornada completa de actividade na que destacou o desfile, no que 231 persoas luciron as súas creacións nas diferentes categorías: infantil, individuais, parellas e grupos.

O Concello repartiu, este ano, un total de 1.600 euros en premios entre todas as categorías. Por unha banda, no caso dos disfraces infantís, recibiron agasallo os cinco nenos e nenas que vestiron as súas mellores galas entroideiras. A maiores, outorgáronse outros nove premios entre as modalidades individual, por parellas e en grupo. Os galardóns foron os que, a continuación, se indican:

Categorías individual e por parellas:

1º premio: 150 euros

2º premio: 100 euros

3º premio: 50 euros

Categorías por grupos:

1º premio: 500 euros

2º premio: 300 euros

3º premio: 200 euros

A xornada incluíu animación a cargo dos Polis tolos e música da man de Ángel Habana e Extraordinarios Team.